Cidades reais e imaxinarias ou Número #11
Recomendacións da semana
O vangardista Laxeiro (Lalín, 1908), a quen se lle rendeu homenaxe polo Día das Artes galegas o pasado 31 de marzo, protagoniza a exposición itinerante "Foi un home. Laxeiro en América (Bos Aires, 1951-1970)".
O percorrido da exposición comezou na capital do Deza no mes de abril, agora mesmo está viaxando a Madrid e por último se instalará no Gaiás do 29 de setembro ao 18 de decembro. Xa no 2023, a escolma voará ata o Instituto Cervantes de París.
Unha lectura lixeira para verán: Fuera del mapa (2021), de Alastair Bonnett. É un libro difícil de catalogar, editado por Blackie Books, no que o autor propón de forma simple pero ben documentada que viaxemos a distintos territorios do mundo: sitios descoñecidos, deshabitados, creados da nada...
Cunha escrita agradable, concisa e clara, Bonnett (1964), profesor de Xeografía Social na Universidade de Newcastle, reflexiona sobre a relación do individuo co espazo. A súa obra académica versa sobre a asunción do Occidentalismo como mirada única sobre o mundo, sobre as orixes do racismo e a xenofobia e sobre todo tipo de relacións humanas coa xeografía mundial.
Tomas el sol en una isla creada de manera artificial con espuma helada.
Colonizas una ciudad junto a Chernóbil que jamás llegó a ser habitada.
Pernoctas en un cementerio habitado (por vivos) en el norte de Manila.
Visitas un microestado fundado en una plataforma armamentística en mitad del océano.
Conoces al amor de tu vida en una campiña británica, capital del sexo al aire libre.
Nada máis pola miña parte, agardo terche dado ganas de ler e de viaxar este verán, tantas como teño eu. E se non podes viaxar, non te preocupes, asegúroche que os libros que che recomendo farán que voes con eles.
Gala.