Bos días e feliz 25 de abril! Sei que para ti é luns, pero escríbote hoxe, domingo, cando pensaba redactar unha newsletter sobre Sant Jordi. E prométoche que o intentei: sentei na cadeira coa intención de facelo e fixen anotacións toda a semana, pero non me sinto cos folgos nin co ánimo, como se a mente estivese anubrada e ás mans lles custase traballar. E lamentándoo moito, porque unha non escolle como se sinte por moito que loite, decidín non forzarme. A cambio, déixoche un poema.Contra todo pronóstico, dito poema non será de Sophia de Mello, -por iso de evitar abusar das efemérides- senón da marabillosa Idea Vilariño (1920-2009), quen naceu e morreu na mesma cidade, Montevideo, pero non por iso a súa vida foi menos axitada.Mal coñecida polas súas aventuras e desventuras co prosista Onetti, Vilariño foi unha traballadora da palabra, en xeral. Amais de tradutora, intérprete e profesora, foi sobre todo unha poeta que construía versos cunha dor tan palpable que é imposible non compartir a súa pena.Lin nalgún sitio que a forza da poesía reside no espazo en branco que deixa ao seu redor, na emoción que queda contida, como unha pinga, nun espazo concreto da páxina. As poesías de Vilariño para min son así, como unha pinga, onde a brevidade leva dentro un mundo emocional rico e unha expresividade que evoca case sempre desgarro. E ao contrario do que di no poema, nada é simple.Despois da granizada por Sant Jordi, hoxe saíu o sol e teño a esperanza de que acompañe o ánimo maís cedo que tarde. Lémonos nun par de semanas, deséxoche o mellor.Todo es muy simple muchomás simple y sin embargoaún así hay momentosen que es demasiado para míen que no entiendoy no sé si reírme a carcajadaso si llorar de miedoo estarme aquí sin llantosin risasen silencioasumiendo mi vidami tránsitomi tiempo.Idea Vilariño
Un poema de Idea Vilariño #9