Feliz inicio de semana! Hoxe é luns, pero deixei esta newsletter preparada nun momento libre do sábado, entre lavadoras, TFM e mudanza.Esta será a última vez que te escriba dende Barcelona, coa cabeza en plena ebulición e con ganas de me distraer do presente por un par de horas. Prego desculpas de antemán por se houbese moitos erros, a carta vai sen revisar por falta de tempo. Escríboa coa vista posta na infancia, pois a chegada do verán sempre me evoca recordos dela, daqueles días longos na praia que dubido que vaia ter este estío.Era o tempo das viaxes, das escapadas a Portugal nas que preguntaba a nenas e nenos descoñecidos queres brincar comigo?, como ben me ensinara meu pai. E como sempre queremos o que non temos, non era consciente do privilexio que supoñía coñecer mundo e saír un chisco do sitio de sempre: o que máis desexaba era pasar días enteiros lonxe da praia, como aquelas crianzas que quedaban xogando en Amboaxe co sol inclemente das prazas sen sombra.Comecei a recoñecer a miña sorte e a miña ingratitude á volta das vacacións, cando a titora facía roldas de preguntas sobre o noso verán e os compañeiros e compañeiras respondían que estiveran na casa. Había mesmo quen inventaba historias sobre viaxes que non fixera.
A vida é a infancia ou número #12