Bo día e feliz semana, con algo máis de espírito festivo e quizais tamén de vacacións. Sexa como for, desexo que esteas ben, nun lugar que che guste (a poder ser preto do mar) e que atopes algo do teu interese no que escribo este Luns Santo.Se te decataches, non enviei nada a pasada semana. Non foi ningún erro, senón que decidín mandar a carta cada catorce días coa intención de ofrecer mellores contidos. Penso que se recibes a newsletter o luns, a abres ese mediodía por curiosidade e volves lela con detemento o venres despois de xantar, posiblemente se acabe xuntando coa do luns seguinte e esquezas o que podía ser útil nun par de días. Din que aquilo que se fai por lecer non pode parecerse ao traballo, e eu non quero que lerme sexa unha carga ou unha autoesixencia.Ademais, para facer algo dunha mínima calidade sempre se precisa tempo, mesmo para os formatos micro. En conclusión, como podes ver no encabezado desta carta, a newsletter xa non é semanal. Pero asegúroche que seguirá igual de actualizada e escribireina co mesmo agarimo.* * *Eu creo que xa ninguén se acorda (por sorte, a memoria aprende a ser selectiva) deste episodio bochornoso da política recente, pero a min faime moita gracia e ás veces me dá moi bos momentos...No soy una persona deportista, no me gusta practicar deporte, pero sí el deporte. Eso no significa nada. Voy a apoyar y a amar al deporte, a todos los deportistas porque son héroes y heroínasO caso é que lembro ben o discurso de Màxim Huerta, honorable Ministro de Cultura durante seis días, cando xurou o cargo hai xa catro anos. Creo que o recordo é vívido porque foi pouco despois das miñas primeiras eleccións xerais e quería entender mellor o mundo, aínda que ás veces unha só consegue desconcertarse.O discurso foi terrible e dende logo non estaba á altura dun Ministro e menos de Cultura, pero recordo a frase "La cultura es todo", quizais un guiño ao anuncio de Facenda que en cuestión de días lle minguou o sorriso. Pero se algo tiña lóxica no discurso de Màxim Huerta é que, efectivamente, falar de cultura por si soa é vago: falar dun termo tan abstracto e difícil de acotar acaba xerando frustración porque sempre xira en torno a si mesmo.La cultura somos nosotros, somos el traje que nos hemos puesto, la película que hemos visto, el libro que hemos leído, la música que nos ha acompañado en el taxi, el museo en el que hemos entrado y el aplauso en el campo de deportes al que hemos asistidoO que quero dicir, e non sei se era a intención de Huerta, (pero se así foi encerraba unha profundidade á que tardei anos en achegarme) é que non podemos tratar como compartimento estanco todo o relativo a cultura porque a verdadeira riqueza dunha persoa está nos coñecementos e nas experiencias que vai adquirindo na vida, na capacidade de interrelacionalos.La cultura somos nosotros, la cultura de ayer, de hoy y de la que quiero que sea mañanaNesta ocasión, veño a falar dunha serie de ideas que se me ocorreron a raíz dunha clase sobre intelixencia artifical aplicada á xestión cultural con David Casacuberta, filósofo e investigador en novas tecnoloxías na Universitat Autònoma de Barcelona, quen nos falou de ferramentas de avaliación de públicos, predición de asistencia, análises de emocións e outras cantas cousas abraiantes e algo terroríficas pola súa precisión. Eu sabía algo da intelixencia artificial e os seus usos porque tivera que ler do asunto para o meu Traballo de Fin de Grao. Por suposto, tratara o asunto dunha maneira superficial, en base a investigar novas tendencias na rede pola miña conta e a ler papers e libros da facultade que, por certo, estaban moi desactualizados. Ás veces parece que hai medo a escribir sobre as novas tecnoloxías fóra delas, que non deben dar o paso ao papel.Emprégase a intelixencia artificial para crear series con maior engagement, ou explicado doutro xeito, series deseñadas para ser adictivas. House of cards foi a primeira serie, cando Netflix aínda non movía as cantidades multimillonarias de hoxe, que empregou a intelixencia artificial para obter e avaliar métricas de audiencias con que elaborar un guion infalible, deseñado para crear adicción. Eu non teño críticas sobre a calidade do produto audiovisual, a miña observación diríxese cara a desigualdade das creacións que se ve agudizada: unha boa produtora poderase permitir un departamento dedicado a investigar, de formas máis ou menos lícitas, en que minuto se aburre un espectador ou que xiro de guion exacto lle dará máis audiencia. Por unha banda, confírmase a tendencia de comezar o proceso de produción cultural no propio usuario, converténdoo en circular; por outra, evidénciase tamén que non ten nada que facer unha pequena produción que desexe entrar en circuítos comerciais. Anos despois, é un feito constatado que todas as tecnoloxías actuais están pensadas para causar adicción e nada é casual no seu deseño, nos cambios de interface, nos novos microformatos que ofrecen... E a intelixencia artificial é unha das ferramentas máis valiosas para conseguilo. Por iso quero dicir que si, ás persoas que nos introducimos no mundo da xestión cultural nos explican como no Met de Nova York hai un departamento punteiro de análise de públicos, como pasa dende hai décadas nas redaccións híbridas dos xornais, ou que con programas como Audionamix "xa non se necesitan músicos nin técnicos de son" porque existen tecnoloxías creadas mediante a intelixencia artificial que saben separar pistas de audio para misturalas e crear novas músicas. Acórdome moito do pai de Charlie na fábrica de chocolate, de Roald Dahl, quen era substituído por un robot no seu traballo nunha fábrica de pastas de dentes e ao final da historia volvía traballar man a man con el no seu vello posto de traballo. Gústame moito Roald Dahl porque cando era pequena sentía que me trataba como unha nena, pero non como a unha tonta. Creo que sempre estivo moi interesado nas posibilidades da tecnoloxía, e por iso no meu TFM cheguei a mencionar un conto dentro dunha compilación de relatos nos que falaba claramente de intelixencia artificial: O gran gramatizador automático. Para que vexas como a literatura e a tecnoloxía poden ir da man, e que razón tiña ao final Màxim Huerta.Para concluir a presentación do tema de hoxe, engado que Casacuberta tamén nos deu unha visión crítica de todo o anterior. A AI é un asunto delicado que, como moitas cousas, pode prestar servizos tan marabillosos como nefastos para a humanidade.
Aura na era dixital ou Número #8