Bo día e feliz semana, última de marzo. O tema sobre o que quero escribir hoxe resúltame interesante, pero á vez difícil de concretar e concluir, como calquera debate que non chega a un acordo. Espero saber contarche algo e non liarte de máis.O caso é que esta semana andei a dar voltas sobre as moitas ideas de futuro e saídas profesionais que nos últimos anos me rondaron a cabeza mentres estudaba Xornalismo. Entre elas, e case foi a que me manda a Barcelona, estaba a industria editorial.Hai moito debate cos novos soportes dixitais, non só no xornalismo, senón nas publicacións de calquera outro tipo. Aquí están algúns dos grupos editoriais máis grandes, tanto nacionais como estranxeiros, e para nada están en decadencia por mor da converxencia dixital. De feito, non fan máis ca medrar: o Libro e a Prensa aportan o 0'8% do PIB total anual e representan o 33'7% das actividades culturais, converténdose así no sector da cultura máis próspero e importante en cifras: máis ca cine, artes plásticas ou videoxogos.Como che dicía, estiven recordando o meu pasado e no que daquela imaxinaba para este tempo presente, nas inercias nas que entramos ás veces. Por sorte, acaboume gustando o grao que fixen, pero só unha vez finalizado.E non me gusta xustificar en termos económicos a validez dunha carreira sobre outra nin dunha escolla que foi verdadeiramente vocacional, pero isto faime pensar no mal informado que está o mundo (eu tamén) e na cantidade de sandeces que me contaron dende Bacharelato como disuasión. Teño a sensación de que repetimos como crianzas as historias que nos contan e seguimos patróns sen pensar, e é unha pena que iso afecte as nosas decisións académicas. Unha vez máis, un problema en apariencia complexo ten unha solución tan doada (que non quere dicir usual) como é o acceso a información.Estou desexando que sexa Sant Jordi, entre outras cousas porque tiven unhas clases sobre datos anuais de consumo de libro en Catalunya e concéntrase de tal maneira no Sant Jordi que dupla facilmente o do Nadal, e eu quero ver este festival de libros en persoa. Ten que ser un día memorable e seguro que a festa comeza xa semanas antes. Custa crer iso que din de que a xente non le cando unha se enteira do que ocorre no Sant Jordi; as cifras falan por si mesmas. Verás:A doutora en Historia da Música e profesora na UB de Estética e Teoría das Artes, Magdalena Polo, explicou nunha clase que esta medra constante do sector se debe a que o libro como produto cultural soubo sair da dinámica da sociedade taylorista, rexida pola búsqueda da produtividade e do beneficio económico, e adaptarse a un paradigma distinto, nado nos 80.Sobre eses anos naceron Xerais e Laiovento, Ediciós do Castro ampliaba a súa colección co lanzamento de ensaios de vital importancia para a nosa literatura. A movida de Vigo axudou a espallar esta necesidade de creación e de publicación, con Xela Arias como editora nunha Xerais recén fundada. Saíron revistas e semanarios (Tempos Novos, Andaina, Dorna, a Revista Galega de Teatro...) que non existían porque antes non se detectara este baleiro no mercado e na cultura. Ou si, pero non para un público xeneralista nin con boa promoción e placement. O postaylorismo foi fundamental para unha nova concepción empresarial e axudou a impulsar os sectores culturais profesionalizándoos.Malia todo, a época que vai dende os 80 adoita ser tildada de pouco fértil para as industrias culturais, pero xa ves que na editorial non aplicou. Décadas despois, amais, demostrouse que a dixitalización ten moito que ofrecer: o audiolibro, o ebook, a posibilidade de ler en aberto, unha chea de opcións para persoas con discapacidades visuais ou doutro tipo... Tamén se imprime menos, pero imprímese mellor. Refináronse os procesos, o equilibrio empresarial e cultural (en determinados negocios). Como en todo, hai excepcións: temos que aturar certas autobiografías escritas integramente polo editor ou editora (sen crédito ou dereito, por contrato) e a Ana Iris Simon ou Leticia Dolera, que polo menos escriben elas e ademais non se avergonzan.A min interésame moito o funcionamento das editoriais en adaptación e actualización constante, e sobre todo me chama a atención o traballo de editora. Penso moito nel como unha saída plausíbel, entre outras cousas porque me sorprende a cantidade de persoas que son reticentes a escribir nada.Sempre lembrarei aquela vez na escola na que a profesora enviou unha nota a casa e lla devolvín corrixida. Para min corrixir a súa redacción era algo natural, pero cos anos fun entendendo que non sempre é do agrado da xente, por non dicir que cando non procede é de soberbia e de repelente. Isto sóubeno porque me castigou durante un recreo.Acontece isto mesmo con algunhas axencias que envían notas onde traballo agora. A min gústame corrixir a ortografía, fixarme no léxico, revisar a gramática. Hai algún erro que os cataláns cometen acotío cando escriben en español —como a conxunción i no canto do y— que me fai sorrir porque é indicativo da lingua na que pensan. Tamén lles resulta moi difícil dicir "desarrollar" en lugar do seu "desenvolupar". E a min gústame todo iso, sobre todo dar ás pezas o ton que considero oportuno, neste caso un máis comercial. Todo é unha aprendizaxe e máis un exercicio importante: gústame xogar coas palabras, moldealas para asegurarme de que quedan ben. E é máis ou menos o que fan os editores e as editoras, por iso é un traballo ás veces considerado frío.Por certo, un libro que non recomendo a ninguén que me prestaron no traballo é Escribo porque me gusta ganar dinero, de Isra Bravo, ao parecer un famoso escritor e copywriter. O título xa quita as ganas, pero coméntocho por se queres lelo e cambiar a miña opinión.O libro é unha ferramentaSe nalgo coincido con "uno de los copywriters más cotizados del mundo" é en que tamén eu creo que hai que desmitificar a escrita. E a lectura de paso, como ben dicía Ernesto Castro en La fetichización del libro en el ensayismo reciente.Efectivamente, escribir é unha necesidade ou pulsión, aínda que como toda actividade artística tamén implica constancia, inspiración e algo fundamental: moita lectura previa. Hai espazo para todo. Irene Vallejo falaba da realidade do traballo de escritora no ensaio que me alegrou o confinamento, El infinito en un junco. Recomendo que teñas este libro na casa porque se convertirá nunha enciclopedia e volverás a el moitas veces.Hai que desmitificar a escrita e a lecturaEu teño o exemplo de meu pai, a quen dende pequena recordo erguéndose antes ca ninguén, antes có sol, para escribir, igual que facía meu avó para sachar na horta no Prior. Escribir é como sachar na horta, un traballo duro: require de tempo, dun espazo propio, de moita investigación previa e de concentración. É un oficio creativo, pero é iso, un oficio.
Contar para vivir ou Número #7