Feliz mércores e feliz xuño! Escribo esta newsletter a mediados da semana, cando vai máis dun mes da última, con enormes desexos de que me leas e me digas se concordas ou non con isto que me viña rondando dende hai un tempo. Decido volver así, de xeito algo espontáneo, e vencellando un par de temas de actualidade.Malia que non adoito falar das novas nunha tónica xeral, penso que a cultura non debera aspirar a ser un compartimento estanco respecto ao resto de cousas que pasan. Así que vou intentar dar a miña visión sobre o emprego da violencia no audiovisual, que cando non é exercida de maneira xeneralizada, faino (non debería sorprender a ninguén) concienzudamente contra a muller. Por iso, a imaxe de debaixo que inicia esta carta é un fotograma do filme arxentino Relatos Salvajes.
Híper violencia ou Número #10